Nesta páxina atoparás moitos recursos para coñecer a vida e obra da persoa homenaxeada: Ricardo Carvalho Calero. Ademais, facilítanse enlaces con actividades interactivas, unidades didácticas, certames nos que podedes participar e outras actividades propostas desde o noso cole. Fai clic nas imaxes para aprender moitas cousas e descubrir como podedes participar e achegar o voso gran de area.

As pitas baixo a choiva. Actividade do centro.

as pitas.jfif

Facendo clic sobre a imaxe accederás á páxina na que podes ver unha breve representación da obra As pitas baixo a choiva proposta polo cole así como unha galería de imaxes coas vosas representacións gráficas da mesma. 

Os Bolechas tamén nos falan de Carvalho Calero

Mostras gañadoras do concurso das Letras Galegas

carteis gañadores.jpg

A través deste enlace, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de divulgar a figura e o legado de Ricardo Carvalho Calero, pon á nosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como as guías didácticas correspondentes a cada mostra.

Actividades dinamizadoras noutros centros

Dinamización das Letras Galegas noutros centros.jpg

As pitas baixo a choiva. Unidade didáctica

as pitas.jpgA través deste enlace podedes ver un pequeno proxecto educativo sobre a obra As pitas baixo a choiva. Aquí atoparedes un álbum ilustrado co texto orixinal da obra editado por Edicións embora, música da banda das pitas e unha unidade didáctica descargable.

Primavera das letras

Primavera das letras.jpg

Nesta páxina creada pola Real Academia Galega atoparedes un sinfín de recursos relacionados coa celebración das Letras Galegas 2020 e coa persoa homenaxeada: Ricardo Carvalho Calero. Textos para ler, fichas descargables con actividades divertidas, material para colorear, chapas, marcapáxinas, actividades interactivas e moitos outros recursos de balde para disfrutar aprendendo sobre Carvalho Calero.

Certame infantil de artes plásticas

certame artes plásticas.jpg

Podedes participar neste certame de artes plásticas do seguinte xeito: os pais, nais ou titores legais de nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos poderán presentar, fotografada ou escaneada, unha obra realizada polo menor en que este reflicta o valor da lingua e literatura galegas. Non o dubidedes! Facede clic na imaxe para ler toda a información e animádevos a participar!

Seminario Galán. Actividades en liña.

seminario galán.jpg

Nesta páxina Seminario Galán ofrécenos unha morea de recursos para traballar sobre a figura de Carvalho Calero. Desde documentos para imprimir ata un álbum de fotografías, pasando por unha morea de actividades en liña para todas as idades desde Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Non deixedes de divertirvos aprendendo!

Ricardo Carvalho Calero

Carvalho Calero.png

Accede a través da fotografía  ao enlace no que se mostran múltiples carteis para coñecer a Ricardo Carvalho Calero. Observa as imaxes e le o seu contido para averiguar como foi a vida e obra do homenaxeado deste ano nas Letras Galegas.

Resolve os retos da raposa Fedella

Unidades didácticas sobre Carvalho Calero

Unidades Didácticas.jpg

A Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Deputación da Coruña, elaborou unha serie de unidades didácticas coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa. Fai clic na imaxe para descubrilas!