Ola familias!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega traemos una nova proposta de actividade de cara a celebración das Letras Galegas 2020. Recordade que podedes consultar datos sobre a biografía e as obras de Carvalho Calero no blog do EDLG, mais esta vez a idea é afondar un pouco nunha das súas obras: As pitas baixo a choiva.

A actividade consiste no seguinte: a partir da visualización do vídeo que se inclúe nesta páxina , tedes que facer unha representación gráfica do conto, que pode ser un debuxo, a creación das personaxes con obxectos que teñades por casa, a representación dalgunha escena, un collage formando o título da obra e o nome do autor, etc. Recordade que o importante é darlle liberdade á vosa imaxinación!

Aquí abaixo podedes ver o vídeo e as vosas obras.

Unha breve representación de As pitas baixo a choiva

Descargar As pitas baixo a choiva.mp4 [85.21MB]
Details

As pitas baixo a choiva con pictogramas para 4º EI

as pitas pictogramas 4º EI.jpg

As pitas baixo a choiva con pictogramas para 5º EI

as pitas pictogramas.jpg

As pitas baixo a choiva con pictogramas para 6º EI

as pitas pictogramas 6º EI.jpg