Día das Letras Galegas no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
Hoxe celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas cunha xornada chea de alegría, emoción e orgullo pola nosa lingua. A programación incluíu un doble pase de actuacións para que todo o alumnado puidera participar e gozar.
Entre as actuacións destacaron as Pandereiteiras de Santa Comba, que fixeron vibrar ao alumnado coa súa música tradicional e posta en escena. Tamén contamos coa participación do noso propio alumnado, que regueifou e rapeou con grande entusiasmo.
Queremos facer un agradecemento especial a Lupe Blanco, que exerceu de mestra de cerimonias con moito agarimo e profesionalidade, e a todas as persoas que fixeron posible este día tan especial.
Tamén agradecer ao profesorado e alumnado de 4º de EP e de 6º de EP que ensairon sen parar para darnos tan bonitas actuacións.
Foi unha xornada inesquecible, onde se puxo en valor a creatividade, a expresión artística e o compromiso co galego, facendo da nosa lingua un motivo máis de celebración compartida.