Bitácora 3º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

Simetrías e traslacións.

O alumnado de 3º estivo traballando as simetrías e traslacións.

Simetrías e traslacións 3º (16).JPG

Ver Imaxes

Visita á Casa do Patrón.

Terceiro e cuarto de primaria estivemos de visita na Casa do Patrón no concello de Lalín. Alí visitamos o gran museo etnográfico e coñecemos como vivían as nosas antepasadas, como era a vida sen electricidade, cales eran os oficios que se precisaban nese momento... Coñecer de onde vimos fainos máis conscientes de quen somos, da nosa culura e isto ha axudarnos a compartirnos coa escola bretoa coa que estamos a realizar o proxecto "Conexións atlánticas-Limmoù atlantel" do que pronto vos falaremos máis.

casa patron 3º e 4º (5).jpeg

Tamén puidemos realizar pan en forno de leña e coñecemos os cereais que se empregan máis comunmente antes e os que se empregan agora. E na Bretaña? pois na Bretaña empregan un cereal especial, o trigo sarraceno un pseudocereal que sementamos na nosa horta... a ver cando podemos degustalo!

Ver imaxes

 

logo-barouta-monnet.jpeg

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

 

Nova sesión con Arenaria: fluídos, texturas, características materiais...

O alumnado de 3º tivo outra sesión con Arenaria na cal realizaron diferentes actividades nas que puideron separar pezas de lego para comprender a diferencia entre mesturas homoxéneas e heteroxéneas, experimentaron cun fluido “Non newtoniano” feito con auga e fariña de millo no cal puideron comprobar como cambiaba a súa característica dependendo da presión exercida sobre o mesmo.

Arenaria 3º fluidos, texturas8.jpeg

Fixeron un experimento para ver as cores que ten un rotulador pintando un filtro con rotuladores e introducíndoo en auga con sal e tamén realizaron clasificacións de diferentes obxectos en base ás súas características coma a dureza, solubilidade, elasticidade, fraxilidade...
Foi un obradoiro moi manipulativo que axudou ó alumnado á comprensión de diversos conceptos de xeito práctico.

Ver imaxes

Corpos xeométricos - grupo Mixto.

No grupo mixto tras traballar as liñas e as figuras xeométricas continuamos coas tres dimensións traballando os corpos xeométricos.

Para iso rotamos por 4 estacións.
Que corpo será?
Nesta estación cos ollos pechados debiamos meter a man nunha bolsa e dicir que corpo xeométrico estabamos tocando. Despois debiamos buscar pola aula e atopar corpos xeométricos en obxectos cotiás. Atopamos ata 30 cilindros diferentes dende unha ficha de Parchís a un vaso medidor... e descubrimos que un folio é un prisma!

Construíndo corpos.
Construímos corpos xeométricos de caras planas poñendo conciencia no número de vértices, aristas e caras... Algunhas e algúns ata se atreveron co icosaedro e dodecaedro.

 

Corpos xeométricos mixto 3º e 4º (22).jpeg

Arte xeométrica.
Con figuras imantadas debiamos construír corpos xeométricos e con eles unha obra de arte e escribir nun papel que corpos empregamos. Despois intercambiamos a obra cun compañeiro ou compañeira e debemos dicir que corpos usou.

Corpos xeométricos mixto 3º e 4º (15).jpeg


Corpos en desenvolvemento.
Partindo do desenvolvemento dalgúns corpos xeométricos debiamos achar de que corpo se trataba, para comprobalo debiamos compoñelo e encaixalo. Despois creamos algúns corpos partindo do seu desenvolvemento.

Ver Imaxes

Táboas de multiplicar en grupos mixtos de 3º e 4º.

O alumnado de 3º e 4º de primaria en un dos grupos mixtos participou en actividades de matemáticas coa finalidade de repasar as táboas de multiplicar a través de diversos xogos como son: o tradicional xogo da oca pero con multiplicacións, un dominó que había que resolver con multiplicacións ben buscando o resultado ou unha multiplicación que dera como resultado certo número, outra das actividades foi cunha táboa na cal se lanzaban dous dados e tiñan que multiplicar os números e ver quen era máis rápido/a dando a resposta.

Mixtos taboas de multiplicar 3º e 4º4 en tamaño grande.jpeg

Este mesmo xogo tamén se podía facer con cartas na cal cada neno/a por quendas sacaba unha carta con multiplicacións e os compañeiros debían acertala e o último xogo consistía en que tiñan unha táboa con dados de multiplicacións e a finalidade era que se preguntaran as táboas uns ós outros e podían comprobalo ó levantar os dados.

Ver imaxes

19 entradas
Details

Os nosos Podcasts