Bitácora 6º Primaria
O noso Blog RSS
Esta semana, os nenos e nenas de 6º de Primaria participaron nunha charla sobre a sexualidade e os tabús que a rodean. Este é un tema do que se fala moi pouco, pero que é esencial tratar nestas idades para fomentar a educación sexual responsable e saudable.
Durante a charla, os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de falar abertamente sobre as súas dúbidas e inquietudes, abordando aspectos fundamentais da sexualidade de maneira respectuosa. A actividade permitiu romper certos mitos e preconceptos, proporcionándolles ferramentas para entender mellor o seu corpo, as emocións e as relacións interpersoais.
Sen dúbida, foi unha charla moi enriquecedora e necesaria, xa que temas coma a sexualidade, a identidade de xénero ou a igualdade de dereitos deben ser tratados con naturalidade, especialmente en idades tan cruciales como as do noso estudantado.
O pasado xoves 13 de febreiro, os cursos de 5º e 6º de primaria fixeron unha saída á planta de CLESA, moi relacionada co noso PROXECTO DE CENTRO (PDI) "Paparouta". Esta actividade permitiu ao estudantado descubrir en primeira persoa como se elaboran os distintos tipos de iogur e o proceso de tratamento do leite, ademais de aprender moitas outras curiosidades sobre este mundo.
Sen dúbida, foi unha saída moi divertida e enriquecedora, que deixou unha gran impresión no noso alumnado.
Esta semana, os nenos e nenas de 6º e 5º curso do noso centro participaron nunha saída didáctica a Santiago de Compostela. Foi unha experiencia inesquecible que nos permitiu coñecer máis de preto o funcionamento das institucións e desfrutar da riqueza cultural e social da nosa capital.
Comezamos a xornada cunha visita ao Parlamento de Galicia, onde aprendemos como se toman decisións que afectan a toda a nosa comunidade autónoma. O alumnado puido observar de primeira man o funcionamento desta institución e a importancia de participar activamente na vida democrática.
Despois, aproveitamos para achegarnos á Praza de Abastos, un lugar cheo de vida e diversidade, onde vimos como chegan produtos frescos de toda a contorna galega.
Logo destas visitas gozamos dun paseo pola zona vella de Santiago, un espazo cargado de historia e encanto. Visitamos a emblemática Praza do Obradoiro, que estaba fermosamente decorada , un detalle que marabillou a todos e todas.
Foi o broche perfecto para un día cheo de aprendizaxes e emocións.
Agora, toca descansar e recargar pilas para o que nos traerá o novo ano. Feliz Nadal a todos e todas! ?✨
Estas semanas os/as nenos/as de 6º están a vivir experiencias educativas moi enriquecedoras xa que estiveron a realizar un traballo de repaso de contidos nas ciencias a través da creación de maquetas. Estas maquetas non só lles permiten aplicar o que aprenderon, senón que tamén fomentan a súa creatividade e habilidades manuais.
Despois de completar as maquetas, os/as estudantes prepararán presentacións para gravar uns programas con este material como apoio.(Pronto veredes o resultado!)
Esta actividade non só reforza os seus coñecementos científicos, senón que tamén mellora as súas habilidades de comunicación e traballo en equipo.
Por outra banda, na materia de matemáticas, están a traballar as potencias utilizando regletas. Este enfoque experimental e vivencial axuda aos alumnos/as a comprender mellor os conceptos matemáticos, permitindo que visualicen e manipulen as potencias de forma tanxible.
A aprendizaxe activa é clave para que os/as estudantes se sintan motivados/as e interesados/as nas matemáticas.
Estas semanas , na nosa aula , estivemos traballando o mínimo común múltiplo (MCM) e o máximo común divisor (MCD) utilizando materiais manipulativos. Isto permítenos visualizar e explorar os números dunha forma máis próxima e comprensible. Empregamos distintos materiais para crear representacións que nos axudan a identificar patróns e chegar á solución de forma máis intuitiva.
As matemáticas axudan a entender o mundo que nos rodea, pero moitas veces preséntanse de maneira abstracta, afastada da realidade. Por iso, é fundamental abordar o ensino das matemáticas dunha maneira máis experimental e manipulativa. Cando podemos tocar, construír ou experimentar cos conceptos, o noso cerebro comprende mellor e fai conexións máis profundas.
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- »Páxina seguinte