Bitácora 1º Primaria
Blog de 1º de Primaria RSS
O luns 12 tivemos a visita de dúas nais da clase que pertencen á escola de música e baile tradicional de Brión. Xunto coas súas fillas, Iria e Carme, aprendéronnos como se toca o pandeiro cadrado, pandeireta, culleres... Ademais de obsequiarnos cun pequeno concerto e de explicarnos algúns bailes.
Ver imaxes
A nai de Olivia (1º de Primaria) , María Queijas, explicounos o seu traballo no 061 ademais do protocolo a seguir cando alguén ten unha reacción alérxica.
Está actividade complementa o noso proxecto Paparouta sobre alerxias e intolerancias.
Durante este trimestre ademais da reciclaxe e a alimentación saudable, centrándonos na Dieta Atlántica, estamos investigando sobre a auga.
O apalpador, deixounos este libro no Nadal, El gran libro del agua.
Presentación da proposta en asemblea:
Lectura da pimeira parte El gran libro del auga. Posta en común oral da lectura, representación gráfica de diferentes fases. Iniciación ao vocabulario específico.
- tarefa 1 – 1 sesión por grupo
Grupo A: Experimento relacionado coa chegada da auga ao planeta Terra/auga doce e salgada. Estados da auga.
Grupo B: Lectura dun pequeno texto acompañado de imaxes. Ordenar as imaxes e completar con oracións con palabras clave.
Grupo C: Unir imaxes con palabras. Ordenar unha secuencia e unir imaxes con texto.
- tarefa 2 – 2sesións por grupo
Grupo A: A auga nos alimentos. Comparación de como merman os alimentos, ou da cantidade de auga que teñen. Hipóteses e posta práctica.
Grupo B: Lectura de adiviñas sobre alimentos. Escritura das respostas e ceación dunha nova adiviña en parellas.
Grupo C: Ordenar a secuencia da orixe da auga nos planetas, ler a explicación do proceso e organizar os textos. Elexir un dos momentos do proceso, representalo e describilo.
MIXTO: plástica
IV proposta: Filtros primarios
OBXECTIVOS:
- Recoñecer as cores primarias como cores base en diferentes materiais.
- Experimentar coa luz e transparencia observando como as cores interactúan ao superpoñer materiais traslúcidos e como se modifican baixo a luz.
- Desenvolver a creatividade e motricidade fina.
- Deseñar e fabricar filtros de cores mediante o uso de tesoiras e pegamento, favorecendo a precisión manual e imaxinación.
- Promover a curiosidade cientídica.
- Comprender o concepto de mestura aditivia de cores ao combinar filtros con luz.
- Fomentar o traballo en equipo e autonomía.
- Relacionar a luz e cor no entorno natural.
- Introducir nocións básicas de arte, ciencia e habilidade técnicas.
III Proposta: Pinceis naturais
OBXECTIVOS:
- Continuar explorando con diferentes materiais e fondos onde pintar.
- Desarrollar a percepción cromática.
- Identificar e utilizar cores cálidos como fondo artístico, comprendendo o seu impacto visual e emocional.
- Experimentar técnicas e materiais naturais.
- Estimular a creatividade e a expresión corporal.
- Promover o traballo en equipo.
- Combinar texturas, cores e formas para elaborar un mural orixinal.
- Pintar siluetas con diferentes grosores e cores, traballando o control na aplicación de detalles.
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- 3
- »Páxina seguinte