Bitácora 4º Primaria

arcodavella transparente.png

Alianza atlántico-Liammoù atlantel

Ola familias,

Levamos un tempo traballando nun proxecto Chamado “Alianza atlántico-Liammoù atlantel” de intercambio Galicia-Breizh cunha escola de Plouarzel. Isto estanos permitindo coñecer a nosa propia realidade lingüística e cultural para transmitila e ao mesmo tempo achegarémonos ás da Bretaña. Nós xa coñecemos ás nenas e nenos de Plouarzel e velaí van as nosas presentacións!  

Descargar Conexión Atlántica.mp4 [930.12MB]
Details

O noso Blog RSS

Sobremesa: Boiro e Romaría.

Ola tribo, Despois dun curso no que cociñamos unha chea de pratos chegamos ao final con dúas sobremesas ben apetecibles e saudables.

Este ano no menú incluímos moitas asembleas, recantos, visitas de familias, unha manchea de saídas (Campolameiro, Broña, Exposición Vikingos, A granxa de vacas, A casa do Patrón, ao concerto da Filarmonía, a Feria maker...); teatro Operación Apalpador e o peche do Entroido co Testamento do Burro e o Enterro da Sardiña; proxectos como o Proxecto Mascota, Presuposto de Biblio-aula, Alianza Atlántica, Plástico con Patacas, O noso Maio e libro do ciclo do ano, o proxecto clase para a reestruturación da aula, As maquis...

Tamén na carta incluímos grupos mixtos con arte, robótica, radio, matemáticas, ciencia..., sementamos na horta trigo sarraceno, fixemos presentacións... Aliñamos todo co modo galego, tempos libres, debates e conmemoracións 25N, 8M, día de Rosalía, Letras Galegas...

E sobre todo moita moita TRIBO.

E para rematar unha boa Paparouta é indispensable unha boa sobremesa. Unha última semana chea de saídas, festiña, despedidas e moito amor de tribo. Ademais da saída a Campolameiro que compartimos coas nosas compañeiras e compañeiros de ciclo fixemos a nosa saída a Boiro. A tribo fixo a petición de realizar unha última saída a praia, foi un proceso moi enriquecedor en asemblea fíxose e aprobouse a proposta. Nas seguintes asembleas o alumnado trouxo propostas concretas de saída a diferentes lugares e tras ser debatido decidiuse facer a propostas de Boiro.

4º Boiro7.jpeg

Ese día tivemos unha sorpresiña recibimos a visita de alguén da tribo Joy! A saída incluíu: visita ao castro de Neixón vinculado coa idade Antiga que estabamos a traballar na aula, mañá de praia en Boiro con baño incluído, comida na sombra e desfrutar do parque de aventuras á beira da praia. Foi un día de convivencia moi divertido e fermoso que nos fai rematar o menú deste curso cun moi bo sabor de boca, e ademais saudable!

E o venres para rematar foi un día de sorpresas e Romaría da que pronto poderedes ver algúns recordos na nosa web! Fixeron parte da tribo este ano unha presiña de mestras ben xeitosa: Camilo, Merche, Silvia, Gabi, Marta, Alonso, Lucía, Juan, Laura, e Adela grazas a todas pola súa implicación e dedicación.

4º Boiro8.jpeg

Tamén vós, as familias xogastes un papel fundamental vindo compartir momentos con nós, invitándonos a saír e acompañando cada día dende a casa. Moitas grazas pola vosa implicación e acompañarnos nas nosas ideotas!!!

E sobre todo a tribo construírona eles e elas as 25 nenas e nenos que forman este grupo, grazas polo voso entusiasmo, curiosidade e implicación!

Foi unha sorte e un pracer formar parte da tribo como mestra, foi un gran reto do que aprendín moitísimo, ilusioneime e do síntome moi feliz do compartido. Agora pechamos por vacacións e o próximo curso... Seguimos construíndo xuntas e xuntos a gran tribo de Barouta!!

Ver Imaxes e Vídeos

O maio da tribo.

Ola tribo, E houbo un mini proxecto que nos quedou por contar. E por iso vimos hoxe contarvos está fornada que fixemos alá a comezos de maio para celebrar a entrada da primavera o florecer da terra. Coñecemos esta tradición galega con orixes na cultura atlántica e nas antigas festividades do ciclo do ano. Que hoxe en día en Galicia se celebra coa creación de maios vexetais acompañados de coplas, podedes ver máis información no PDF ao final da entrada.

O maio da tribo49.jpeg

Saímos recoller a materia prima: fiúncho, pampullos, cartuchos e outras flores. Fixemos o esquelete e as grilandas. E logo amasamos entre todas unhas coplas sobre o acontecido no ano no noso cole. Acabamos cunha pequena gravación moi sinxela que podedes ver no vídeo do enlace no que se recolle o noso proceso de creación.

Ver o vídeo do maio

E con isto xa case case estamos na sobremesa...

Ver PDF do maio

Propostas para o verán.

Ola tribo, e xa pouco a pouco imos pechando este ciclo. Moitas de vós preguntades por tarefas de cara ao verán.
Hai persoas que preguntan por propostas concretas do curricular deixo xa que logo algunhas propostas: 
 
  • Para linguas recomendo escribir cousas que precisen: a lista da compra, unha felicitación para unha amiga, tío, curmá... que está de aniversario, unha carta ou mensaxe para un amigo ou amiga que hai moito que non vexo... Ou calquera cousa que lles preste: un xogo de pistas para pasar unha mañá divertida en familia, un conto, palabras inventadas... Se as acompañamos podemos axudalas coa ortografía e conectores. A nivel oral poden improvisar unha canción, crear unha obra de teatro... e dende logo ter activado o modo galego.  E ler, ler, ler, ler.
  • En canto á área de matemáticas deixo enlace a unha serie de vídeos que serven como repaso as propostas traballadas na área de matemáticas en cuarto de primaria, feitos por Marcos Marrero.
 
E aquí podedes ver un documento sobre a multiplicación e despois descargar un banco de propostas e materiais lúdicos para seguir memorizando as táboas.
 

Acceder aos documentos e materiais.

Multiplicación Barouta.jpg

 
Tamén na libreta teñen un resumo dos algoritmos empregados en OAOA para revisar se o desexades. E lembrade que na web temos un apartado adicado ás matemáticas.
 

Matemáticas manipulativas en Barouta

 
En xeral botar un ollo á bitácora poder ver as fotos e gardar aquelas que queiramos conservar, recordar qué andivemos cociñando este curso. 
 
Pero eu non podo máis que repetirme coas recomendacións do ano pasado, isto é o que realmente considero fundamental. Que non esquezan: 
  • ler, o que lles guste o que lles preste... ler, ler e ler.
  • xogar, xogar a xogos de mesa, xogar na natureza, inventar novos xogos, xogar sen xeito, xogar libres, con amigos, con amigas, coa familia, sos e soas...
  • crear: contos, historias, adiviñas, debuxos, esculturas con paus e pedras... coser, cociñar o que queiran pero que non descoiden a parte creativa.
  • divertirse.
  • descansar.
  • aburrirse (é fundamental!!!)
  • botar un pouco de menos ao mellor cole do mundo! 
Vémonos na última publicación que está a piques de chegar!

Últimos recantos.

Ola tribo e falta dun par de entradas sobre as saídas que nos quedan, este curso e ciclo pechámolo con catro propostas que recollen o xeito de traballar que levamos desenvolvendo desde o ano pasado: un ensino activo, conectado co vivido e co entorno, onde a reflexión e a creatividade teñen o seu lugar.


A historia de Galicia, paso a paso.
Fixemos unha revisión dos principais períodos históricos que marcaron a nosa terra: desde o Neolítico e Paleolítico ata a Idade Antiga. Acompañamos a aprendizaxe cunha visita ao Parque de Arte Rupestre de Campolameiro para descubrir os petróglifos e entender as primeiras expresións artísticas, disto xa vos contaremos máis en vindeiras entradas. Continuamos co coñecemento da cultura castrexa que se pechará coa visita ao Castro de Neixón na nosa última saída, e rematamos co mundo romano. Tras ler e extraer ideas principais sobre estas dúas últimas culturas, o alumnado preparou e representou pequenas dramatizacións que fixeron visible e comprensible o pasado.

Últimos recantos (8).jpeg


Xogos e linguaxe
Para reforzar aspectos da lingua, xogamos ao B/V smart 10. Tres revisar algunhas normas sobre o uso de B e V poidemos xogas a esta proposta, un xogo de preguntas na que de xeito individual ou por parellas revisamos este e outros contidos doutras áreas dun xeito divertido. Memoria colectiva: collage da tribo
Recollimos nun collage os dous anos que levamos xuntos como tribo, lembrando momentos importantes e agradecendo esa comunidade que creamos día a día na aula.

Últimos recantos (11).jpeg


Palabras compostas e derivadas
Continuamos explorando a riqueza da nosa lingua con palabras compostas e derivadas, unha viaxe pola estrutura e o significado das palabras que deu lugar aos nosos propios “brainrots”.
Pechar o ciclo con estas actividades é lembrar que aprender é moito máis que acumular contidos; é dotarnos de ferramentas para seguir aprendendo, é vivenciar, é ser protagonistas do que aprendemos, é traballo individual pero sobre todo en equipo, é facer tribo.

estoxigato.jpeg

Ver imaxes

Saída a Campo Lameiro.

A Prehistoria é un período da humanidade que é común en todo Europa sendo as diferentes manifestacións artísticas patrimonio da humanidade. A través da saída ó Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro o alumnado de 2º ciclo puido coñecer esta parte tan importante das orixes do ser humano a través de petroglifos,participaron nun obradoiro de cerámica e observaron como se facía o lume nesa época.

Visita mixto 3º a campo lameiro (31).jpeg

Ver imaxes e Vídeo

57 entradas
Details

Os Podcasts de 4º

O Fogar da Tribo

Descargar aula cuarto.mp4 [22.42MB]
Details

Reunión Familias

Ficheiro descarga

Ficheiro descarga