Bitácora 2º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso blog RSS

VISITA A PRAZA DE ABASTOS E Á LIBRARÍA COUCEIRO

Percorremos a praza de Abastos parando nos distintos postos onde puidemos experimentar e falar sobre produtos da terra e do mar.

No posto de mariscos vimos nécoras, centolas, ameixas, berberechos e percebes. Na peixaría había rapantes, chocos, pescada, linguado, cabracho ... Na froitaría adiviñamos o nome de todas as froitas e verduras que nos ensinaban. Na carnizaría, amosáronnos diferentes partes do porco e da tenreira.

praza abastos 2º.jpeg

Logo fomos camiñando ata a praza de Cervantes onde visitamos a libraría Couceiro e gozamos da explicación de como se elabora un libro.
Pasamos unha mañá fantástica.

Ver Imaxes

PROXECTO PROBLEU. A AUGA

Levamos a cabo a primeira sesión con Arenaria dentro do proxecto PROBLEU. Na aula de proxectos, investigamos sobre a auga levando a cabo diversidade de  experimentos. 

Foto de martina (16).jpg

VER IMAXES

MGA

Rematamos o MODO GALEGO, ACTÍVAO! E ...seguimos activados.

O alumnado de 2º conseguiu levar a cabo os retos propostos. Grazas familias por implicarse e colaborar así.

Daquela, agora toca cumplir o acordado: facer unha saída e un agasallo. 

 

VER IMAXES

GRUPO MIXTO 1º E 2º: MATEMÁTICAS

4ª PROPOSTA: SIMETRÍA

CONTIDOS: 

Observación, manipulación e xogo para identificación de simetría en figuras xeométricas sinxelas, na contorna fisico-natural e compleción de figuras simétricas.

Ver Imaxes

GRUPO MIXTO 1º E 2º: MATEMÁTICAS

2ª E 3ª PROPOSTA: MAGNITUDE; MASA

CONTIDOS:

Identificación de unidades non convencionais presentes no seu contexto próximo.

Identificación de unidades convencionais, quilogramo e gramo presentes no seu contexto vivencial.

Os equipos cooperativos: responsabilidade individual, repartición equitativa de tarefas, respecto polas contribucións de tódalas persoas membros do equipo.

 

Ver Imaxes

16 entradas
Details

Texto

Os nosos Podcasts

MODO GALEGO. ACTÍVAO!

Aquí atoparás tódalas tarefas que iremos facendo co MODO GALEGO, ACTÍVAO!

WEB MODO GALEGO ACTÍVAO.jpg

As 4R EcoPatrulla

Descargar 4R ECOPATRULLA.mp4 [60.44MB]
Details

A nosa horta

Aquí iremos poñendo as cousas que fagamos na horta.