Bitácora 3º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

Saída a Campo Lameiro.

A Prehistoria é un período da humanidade que é común en todo Europa sendo as diferentes manifestacións artísticas patrimonio da humanidade. A través da saída ó Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro o alumnado de 2º ciclo puido coñecer esta parte tan importante das orixes do ser humano a través de petroglifos,participaron nun obradoiro de cerámica e observaron como se facía o lume nesa época.

Visita mixto 3º a campo lameiro (31).jpeg

Ver imaxes e Vídeo

Saída a Corrubedo - Arenaria

O alumnado de 3º fixo unha saída a Corrubedo onde puidemos aprender sobre a flora e fauna propios das zonas de praia así coma diferentes curiosidades. Recolleron insectos nun bote con lupa para poder observalos máis de cerca e tamén plantas. Sempre dun xeito respectuoso, sen arrincar plantas e por suposto liberando ós insectos ó final da saída. Aprenderon moitas cousas e pasárono xenial!

Saída Arenaria 3º1.jpeg

Ver Imaxes

Simetrías e traslacións.

O alumnado de 3º estivo traballando as simetrías e traslacións.

Simetrías e traslacións 3º (16).JPG

Ver Imaxes

Visita á Casa do Patrón.

Terceiro e cuarto de primaria estivemos de visita na Casa do Patrón no concello de Lalín. Alí visitamos o gran museo etnográfico e coñecemos como vivían as nosas antepasadas, como era a vida sen electricidade, cales eran os oficios que se precisaban nese momento... Coñecer de onde vimos fainos máis conscientes de quen somos, da nosa culura e isto ha axudarnos a compartirnos coa escola bretoa coa que estamos a realizar o proxecto "Conexións atlánticas-Limmoù atlantel" do que pronto vos falaremos máis.

casa patron 3º e 4º (5).jpeg

Tamén puidemos realizar pan en forno de leña e coñecemos os cereais que se empregan máis comunmente antes e os que se empregan agora. E na Bretaña? pois na Bretaña empregan un cereal especial, o trigo sarraceno un pseudocereal que sementamos na nosa horta... a ver cando podemos degustalo!

Ver imaxes

 

logo-barouta-monnet.jpeg

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

 

Nova sesión con Arenaria: fluídos, texturas, características materiais...

O alumnado de 3º tivo outra sesión con Arenaria na cal realizaron diferentes actividades nas que puideron separar pezas de lego para comprender a diferencia entre mesturas homoxéneas e heteroxéneas, experimentaron cun fluido “Non newtoniano” feito con auga e fariña de millo no cal puideron comprobar como cambiaba a súa característica dependendo da presión exercida sobre o mesmo.

Arenaria 3º fluidos, texturas8.jpeg

Fixeron un experimento para ver as cores que ten un rotulador pintando un filtro con rotuladores e introducíndoo en auga con sal e tamén realizaron clasificacións de diferentes obxectos en base ás súas características coma a dureza, solubilidade, elasticidade, fraxilidade...
Foi un obradoiro moi manipulativo que axudou ó alumnado á comprensión de diversos conceptos de xeito práctico.

Ver imaxes

21 entradas
Details

Os nosos Podcasts