Bitácora de Ed. Infantil
O noso Blog RSS
Familias,
Compartimos todas as imaxes da exposición do Museo Barouta.
Na nosa parte "BICOS DE FARIÑA, LEITE DE VACA, VERDURA DA HORTA, A COCIÑA IMPORTA!" podedes ver todo o traballo realizado polas crianzas arredor do PDI de centro "Paparouta" desde comezo de curso.
Tamén adxuntamos tres vídeos: o videoconto elaborado polas crianzas de 6ºEI titulado "A vaca Mariana", un spot de publicidade sobre o queixo galego elaborado polas nenas e nenos con Lucía (alumna da Facultade de Ciencias da Educación que relizou as prácticas na escola) e un vídeo de toda a nosa parte da exposición para que non perdades detalle!
Familias,
Hoxe abriu o Museo Barouta para mostrarvos o investigado en relación ao Proxecto Documental Integrado de Centro que este ano estivo adicado á gastronomía e alimentación baixo o nome “Paparouta”.
En Infantil puidestes ver (e tamén degustar) todo o traballo realizado arredor de 3 grandes temáticas:
-cereais
-froitas, verduras e hortalizas
-lácteos
A COCIÑA FOI ESPAZO XERADOR DE APRENDIZAXES MÚLTIPLES: MOTRICIDADE FINA, MANIPULACIÓN, EXPERIMENTACIÓN, DESCUBRIMENTO E COÑECEMENTO DE ELEMENTOS BÁSICOS DA DIETA SAUDABLE, ADQUISICIÓN/AFIANZAMENTO DE HÁBITOS DE HIXIENE, DE ORGANIZACIÓN, DE ORDE ...
No primeiro trimestre investigamos sobre os CEREAIS: ALIMENTO BÁSICO NA NOSA DIETA A TRAVÉS DO DESCUBRIMENTO, APRENDIZAXE, MANIPULACIÓN, APROVEITAMENTO DIDÁCTICO EN DIFERENTES PROPOSTAS EN TODOS OS AMBIENTES.
No segundo trimestre traballamos sobre os PRODUTOS DE PROXIMIDADE CENTRÁNDONOS NA HORTA: FROITAS, VERDURAS, HORTALIZAS (REALIZANDO DIVERSAS PLANTACIÓNS (HORTA-LABORATORIO E ELABORANDO RECEITAS VARIADAS) E DEMOS COMEZO AO PROXECTO SOBRE OS LÁCTEOS.
No terceiro trimeste rematamos o PROXECTO LÁCTEOS.
Ademáis de todo o que puidestes ver hoxe hai outras aprendizaxes que as crianzas "levan postas".
Para aquelas familias que non vos puidestes achegar hoxe deixámosvos algunhas imaxes (cando teñamos todas as fotos da exposición compartirémolas con vós!).
Neste trimestre, criamos vermes de seda no Laboratorio. Tivemos moito coidado de alimentalos só con follas de moreira (comen motísimo!).
Ollade a súa evolución!
Familias, amosámosvos unha proposta do proxecto sobre vacas que nos quedou pendente.
No laboratorio xuntamos varias toalliñas húmidas manchadas de pintura. Decidimos reciclalas e darlles unha segunda vida converténdoas en vacas.
Mirade!
Compartimos con vós o LIBRO MUSICAL DAS NOSAS CANTAREIRAS que fixeron as crianzas de Barouta (adxuntámolo en formato vídeo para escoitar e en formato pdf para capturar os códigos QR).
VER VÍDEO LIBRO MUSICAL DAS NOSAS CANTAREIRAS
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- 3
- 5
- 7
- 9
- 11
- 13
- 15
- »Páxina seguinte