A bitácora do alumnado de Educación Infantil do colexio de Barouta.

Bitácora de Ed. Infantil

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

FIN DE CURSO 2024-2025 (despedida de Vito, Camilo e Ana)

Familias, 

Este fin de curso foi un pouco diferente porque ademáis de rematar o período lectivo tamén nos despedimos de Vito, Camilo e Ana.

A Ana querémoslle agradecer o seu bo facer, as súas sesións de psicomotricidade, de relaxación, de ioga... e desexámoslle moita sorte para o vindeiro curso!

IMG_1199.jpg

 

Camilo acompañounos en Barouta durante moitos cursos. Imos botar de menos as súas sesións de música, as cantigas que musicaba para nós, as súas bromas ... pero xa lle toca desfrutar dun merecido descanso!

IMG_1209.jpg

E queda despedirnos de Vito. Ímola botar moito de menos pero sabemos que a imos ter por Barouta colaborando con nós en moitas ocasións ( nas festas e conmemoracións,  nas saídas polo monte, en obradoiros artísticos, nas funcións de nadal e entroido, na exposición do PDI...).

Grazas, Vito, por todos estes anos do teu bo facer! Grazas por transmitirnos o amor pola natureza, polas prantas e animais (xa sexan insectos, mamíferos, peixes ou paxaros), o amor pola  arte ben sexa pintura, escultura ou aquitectura, grazas pola túa creatividade e orixinalidade, polos teus contos, cantigas e ditos, polas túas bromas e ideas tolas ... 

Foi unha verdadeira sorte desfrutar e aprender de ti e contigo!

IMG_1153.JPG

 

E Vito, para despedirse de nós, preparou un xogo de pistas no que tiñamos que seguir as indicacións para atopar o tesouro final!

Fixémolo tan ben que ademáis dunha pulseira personalizada tivemos unha merenda especial con flocos de millos e froita variada!

Imaxes do xogo de pistas

DESPEDIDA 6ºEP

Co remate do curso chegaron tamén as despedidas e o penúltimo día de escola celebramos o paso a 1º de Primaria da nosas compañeiras e compañeiros de 6º.

Aínda que xa non imos compartir espazo nos ambientes, imos seguir compartindo momentos no patio, nas festas e conmemoracións, nas entradas e saídas, na BiblioBarouta, no estanque, no horto ...

E este ano, como non podía ser doutro xeito, a orla de promoción estivo marcada polo PDI de centro "Paparouta".

Recoñecedes a algunha cociñeira ou cociñeiro?

Orla 23 copias.jpg

 

                          Imaxes da graduación das crianzas de 6º EI

VISITA A 1ºEP

IMG_20250619_134821.jpg

Nos últimos días de escola fixemos varias propostas organizando ao alumnado por grupos de idade coa finalidade de favorecer a cohesión das crianzas de 6ªEI que o vindeiro curso formarán un único grupo de 1ºEP.

Tamén visitaron ás compañeiras e compañeiros de 1ºEP na súa aula e estiveron alí compartindo con el@s espazo e un breve faladoiro.

                                                                              MÁIS IMAXES

ÚLTIMOS DÍAS

IMG_1068.JPG

Familias!

Compartimos imaxes dos últimos días de escola nos que merendamos fóra aproveitando o bo tempo, nos que saímos por derradeira vez neste curso ao monte ... e tamén das sesións de relaxación e psicomotricidade!

                                                                              VER IMAXES

Estades atent@s porque aínda nos quedan algunhas cousiñas bonitas por amosarvos!

 

COUSAS DE VACAS + PDI

20250609_124023.jpg

Aínda temos máis imaxes do PDI para compartir con vós: imaxes da preparación da degustación e imaxes da visita que as nenas e nenos de infantil fixeron para ver a parte do PDI das compañeiras e compañeiros de primaria.

Pero ademáis, amosámosvos como foi o proceso de creación dos cuchiños da "CuchoParade", do fillo da vaca Flora e das bolsas de vacas!

IMG_0646.jpgIMG_0297.jpgIMG_0495.jpg

 

Máis imaxes aquí

 

Details

Os nosos Podcasts

Aquí aparecerán os nosos podcasts.

Ver en RadioBarouta

Proxecto-RadioBarouta.png

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Escola no bosque

Escola no bosque.jpg

Guía Lecto-Escrita

Guía Lecto-Escrita.jpg.1

Recomendacións merendas saudables