Bitácora 1º Primaria

arcodavella transparente.png

Blog de 1º de Primaria RSS

PDI - Reaccións alérxicas

A nai de Olivia (1º de Primaria) , María Queijas, explicounos o seu traballo no 061 ademais do protocolo a seguir cando alguén ten unha reacción alérxica.
Está actividade complementa o noso proxecto Paparouta sobre alerxias e intolerancias.

Alerxias-1o-1-1536x1153.jpeg

A AUGA

Durante este trimestre ademais da reciclaxe e a alimentación saudable, centrándonos na Dieta Atlántica, estamos investigando sobre a auga. 

O apalpador, deixounos este libro no Nadal, El gran libro del agua. 

 

Presentación da proposta en asemblea:

Lectura da pimeira parte El gran libro del auga. Posta en común oral da lectura, representación gráfica de diferentes fases. Iniciación ao vocabulario específico.

  • tarefa 1 1 sesión por grupo

Grupo A: Experimento relacionado coa chegada da auga ao planeta Terra/auga doce e salgada. Estados da auga. 

Grupo B: Lectura dun pequeno texto acompañado de imaxes. Ordenar as imaxes e completar con oracións con palabras clave.

Grupo C: Unir imaxes con palabras. Ordenar unha secuencia e unir imaxes con texto.

 

  • tarefa 2 2sesións por grupo

Grupo A: A auga nos alimentos. Comparación de como merman os alimentos, ou da cantidade de auga que teñen. Hipóteses e posta práctica.

Grupo B: Lectura  de adiviñas sobre alimentos. Escritura das respostas e ceación dunha nova adiviña en parellas.

Grupo C: Ordenar a secuencia da orixe da auga nos planetas, ler a explicación do proceso e organizar os textos. Elexir un dos momentos do proceso, representalo e describilo.

Filtros primarios

MIXTO: plástica

IV proposta: Filtros primarios

OBXECTIVOS:

  • Recoñecer as cores primarias como cores base en diferentes materiais.
  • Experimentar coa luz e transparencia observando como as cores interactúan ao superpoñer materiais traslúcidos e como se modifican baixo a luz.
  • Desenvolver a creatividade e motricidade fina.
  • Deseñar e fabricar filtros de cores mediante o uso de tesoiras e pegamento, favorecendo a precisión manual e imaxinación.
  • Promover a curiosidade cientídica.
  • Comprender o concepto de mestura aditivia de cores ao combinar filtros con luz.
  • Fomentar o traballo en equipo e autonomía.
  • Relacionar a luz e cor no entorno natural.
  • Introducir nocións básicas de arte, ciencia e habilidade técnicas.

IMG_20241127_110858.jpg

IMG_20241127_111537.jpg.2

IMG_20241127_125655.jpg.1

IMG_20241127_124056.jpg.1

IMG_20241127_111001.jpg.2

Pinceis naturais

 

III Proposta: Pinceis naturais

OBXECTIVOS:

  • Continuar explorando con diferentes materiais e fondos onde pintar.
  • Desarrollar a percepción cromática.
  • Identificar e utilizar cores cálidos como fondo artístico, comprendendo o seu impacto visual e emocional.
  • Experimentar técnicas e materiais naturais.
  • Estimular a creatividade e a expresión corporal.
  • Promover o traballo en equipo.
  • Combinar texturas, cores e formas para elaborar un mural orixinal.
  • Pintar siluetas con diferentes grosores e cores, traballando o control na aplicación de detalles.IMG_20241106_124208.jpg

VISITA Á CASA DO PATRÓN (LALÍN)

O día 26 de novembro fomos xuntos coas compañeiras e compañeiros de 2ºEP á Casa do Patrón, Lalín. 

Iniciamos a actividade debullando millo e facendo torres de carozos. Despois comparamos os grans de millo e trigo. Aprendimos os ingredientes para facer pan e os tipos de fermento. 

Fixemos boliñas de pan de trigo e de pan de millo (sen glute).

Esta saída é complemento da actividade que iniciamos na clase sobre as intolerancias e alerxias, e complementarémola coa plantación de trigo sarraceno, tamén apto para xente con intolerancia e alerxia a algún dos 14 elementos establecidos pola UE.

IMG_20241126_111659.jpg

IMG_20241126_104705.jpg.1

Proxecto Actividade Jean Monnet 2024

Alerxias e intolerancias: parte I

Co-financiado pola Unión Europea

12 entradas
Details

Os nosos Podcasts

MIXTO: plástica (1º e 2ºEP)