Bitácora 4º Primaria
Alianza atlántico-Liammoù atlantel
Ola familias,
Levamos un tempo traballando nun proxecto Chamado “Alianza atlántico-Liammoù atlantel” de intercambio Galicia-Breizh cunha escola de Plouarzel. Isto estanos permitindo coñecer a nosa propia realidade lingüística e cultural para transmitila e ao mesmo tempo achegarémonos ás da Bretaña. Nós xa coñecemos ás nenas e nenos de Plouarzel e velaí van as nosas presentacións!
O noso Blog RSS
Terceiro e cuarto de primaria estivemos de visita na Casa do Patrón no concello de Lalín. Alí visitamos o gran museo etnográfico e coñecemos como vivían as nosas antepasadas, como era a vida sen electricidade, cales eran os oficios que se precisaban nese momento... Coñecer de onde vimos fainos máis conscientes de quen somos, da nosa culura e isto ha axudarnos a compartirnos coa escola bretoa coa que estamos a realizar o proxecto "Conexións atlánticas-Limmoù atlantel" do que pronto vos falaremos máis.
Tamén puidemos realizar pan en forno de leña e coñecemos os cereais que se empregan máis comunmente antes e os que se empregan agora. E na Bretaña? pois na Bretaña empregan un cereal especial, o trigo sarraceno un pseudocereal que sementamos na nosa horta... a ver cando podemos degustalo!
Ver imaxes
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.
Ola tribo,
Vimos compartir un proxectiño no que andivemos inmersas nós últimos días. Estivemos medindo a aula e os mobles e facendo logo unha representación a escala móbil.
Todo isto coa finalidade de facer un novo deseño de aula que nos resultase máis confortable e incluíse novos espazos que nos apetecía ter. Puxemos en común as nosas propostas e entre todas decidimos os cambios que iamos realizar. Agora bautizaremos os espazos e crearemos con impresora láser uns cartaces que nomeen os espazos. Ademais mercaremos algún elemento de decoración que solicitamos.
Quedounos un novo espazo da tribo xeitoso, que pensades??
Ver imaxes
Ola tribo hoxe vimos a contar a última aventura que vivimos, esta foi unha de verdade!
O pasado mércores convertémonos en auténticas guerrilleiras maquis. Saímos ao monte e divididas en dous equipos co noso nome, a nosa pintura de camuflaxe, o noso son de alerta... coñemos a María Dolores o nome en clave Enriqueta Otero unha mestra de Lugo que pertenceu aos maquis, organización guerrilleira antifascista que vivía nos montes durante o franquismo.
Lemos unha nova do xornal do Réxime e seguimos a pista que nos deixou un compañeiro nunha nova. Pouco a pouco, seguindo as pistas e empregando as nosas aprendizaxes sobre orientación fomos quen de ir facendo o camiño non sen ter que escondernos por ver ao inimigo na nosa busca... finalmente atopamos xente e tivemos que loitar para salvar as nosas vidas e volver ao monte.
Despois atopamos un camiño marcado por aliadas e aliados e pouco a pouco chegamos a pista definitiva que nos indicaba onde se atopaba o refuxio... pero estaba incompleta! Onde atopar o resto? Debiamos buscar a outro grupo de aliadas para identificarnos entoamos o noso canto: somos tribo!!! E sorpresa as que criamos inimigas eran aliados, coa alegría do reencontro e as pistas xuntas atopamos un refuxio que marcamos no mapa así como o camiño ata chegar alí. Cal foi a nosa sorpresa ao ver que os nosos enlaces deixaran algo de víveres e puidemos porfín repousar e celebrar!
Esta proposta serviunos para revisar o aprendido sobre orientación, afianzar a cohesión grupal e o traballo en equipo, para estar en contacto coa natureza e para unha vez máis desfrutar aprendendo!
Documento PDF - Maquis
Ver imaxes
Vídeo
Ola tribo, vimos contar que en relación coa orientación na natureza e os mapas parte do alumnado decidiu facerse experta nalgún tema vinculado á orientación e compartir co resto do grupo os seus saberes. Aprendemos como orientarnos con axuda do musgo das árbores, os tocos, un pau e o sol, as estrelas e a lúa... e tamén como funciona un GPS e o compás, mesmo como facer un compás caseiro, e as liñas imaxinarias da terra que nos serven para sinalar as coordinadas e situarnos nun punto.
Ademais tivemos outras expertas estes días que decidiron investigar algún tema que lles espertou curiosidade e compartilo coa tribo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que de seguro seguiremos empregando!
Documento PDF - Recantos. Organización espacial
Ver imaxes
Ola tribo, vimos contar a proposta que andivemos facendo sobre mapas e orientación.
Tivo 3 fases unha primeira foi a última rotación de recantos do trimestre que agora vos contaremos, a segunda foi un comité de expert@s que nos compartiu algunha información importante sobra orientación e a terceira foi unha saída ao monte que complementou esta proposta.
Mapa político: Papar Europa. Para traballar a organización territorial de Europa en equipo tivemos que primeiramente situar os 50 países de Europa nun mapa mudo. E logo investigamos cal é o ingrediente principal dalgún prato típicos dos 27 países que conforman a UE e colocámolo no mapa. Para rematar a proposta lemos a historia do sandwich, un prato típico do Reino Unido e elaboramos e degustamos o noso propio sandwich con elementos saudables. Bautizámolo e anotamos a receita.
Mapa político: PRO-vincias. Para adentrarnos na organización territorial do estado e partindo dun centro de interese de boa parte do alumnado o fútbol, nun primeiro momento o alumnado debía situar escudos de equipos de fútbol no súa respectiva provincia. Para isto contabamos co apoio dunha presentación organizada por comunidades e provincias. Podíamos despois situar a xogadores e xogadoras tamén no mapa. Unha vez rematada esta fase xogabamos a adiviñar o equipo que tiñamos na fronte para iso debiamos realizar preguntas de resposta si/non guiadas: facer pregunta de norte/sur/este/oeste/costa/interior, logo preguntar polas comunidades, e logo ir afinando a provincia ata descubrir o nome do equipo.
Mapa político: Onde está pasando? Por parellas debían seleccionar unha noticia internacional recortar o titular e resumir en 3 ou 4 liñas o contido da nova. Despois situala nun mapa para saber onde acontecen os feitos dos que a miúdo escoitamos falar.
Mapa de orientación. Aquí presentábase unha proposta para familiarizarnos coas lendas dos mapas e especialmente cos mapas de orientación. Era un xogo modo lince no que partindo dunha carta que presenta un elemento debiamos buscalo no mapa, a persoa que primeiro o localice queda coa carta. Despois con axuda dun compás que debemos aprender a usar ben colocamos unhas pistas pola aula ou ben seguimos as pistas das compañeiras.
Mapa de estradas: GPS. Iniciámonos ao emprego do GPS por parellas ou tríos vendo quen vive máis lonxe do cole. Despois debiamos anotar os datos necesarios para as seguintes saídas que imos realizar así como datos relativos á Plourzel vila bretoa coa que estamos facendo un intercambio. Debiamos anotar a distancia dende Barouta a estes lugares, o tempo necesario para chegar en coche/bus, a hora de saída para chegar alí a hora que precisamos, provincia e municipio.
Mapa de densidade poboacional. Achegámonos ao concepto de densidade poboacional partindo de realidades próximas (se a tribo vai á biblio estará máis densamente poboada ou menos que se estamos na aula?) Despois analizamos mapas de densidade poboacional do estado e construímos un por provincias. Logo reflexionamos sobre os retos que supón unha densidade poboacional tanto onde se concentra moita poboación como onde apenas a hai... e mesmo achegamos ideas para solucionar estes problemas. O alumnado teno claro principalmente: dotar ao rural de servizos e medios de transporte público accesibles e frecuentes.
Mapa de estradas: Carreira de letras. Trátase dun xogo de mesa que nos permitiu traballar o deletreo, conciencia fonolóxica e ortografía, así como a capacidade de estratexia e traballo en equipo. Mapa de conto. Tratábase de elaborar un conto partindo dunhas ruletas que nos indicaban personaxe, lugar e problema. Con isto tratamos a tipoloxía de contos, de narradores e a estrutura do mesmo.
Mapa de coordenadas. A modo de afundir a flota traballamos as coordenadadas (latitude e lonxitude) nun xogo no que debiamos atopar algúns elementos no mapa da compañeir@.
Curvas de nivel.
Para rematar as propostas sobre mapas e orientación andivemos traballando as curvas de nivel, creando as do noso monte/ montaña e imaxinado o perfil dunhas curvas dadas.
Ver imaxes
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- 3
- 10
- »Páxina seguinte
Os Podcasts de 4º
O Fogar da Tribo
Reunión Familias
Ficheiro descarga
-
Descargar bosque (1).pdf
bosque (1).pdf Detalles
- Thursday, 10 April 2025 [12.8MB]
Ficheiro descarga
-
Descargar planos e escalas_20250312_232839_0000.pdf
planos e escalas_20250312_232839_0000.pdf Detalles
- Monday, 17 March 2025 [18.1MB]
Ficheiro descarga
-
Descargar Recantos Org. espacial.pdf
Recantos Org. espacial.pdf Detalles
- Thursday, 10 April 2025 [12.1MB]