Bitácora 2º Primaria
O noso blog RSS
Percorremos a praza de Abastos parando nos distintos postos onde puidemos experimentar e falar sobre produtos da terra e do mar.
No posto de mariscos vimos nécoras, centolas, ameixas, berberechos e percebes. Na peixaría había rapantes, chocos, pescada, linguado, cabracho ... Na froitaría adiviñamos o nome de todas as froitas e verduras que nos ensinaban. Na carnizaría, amosáronnos diferentes partes do porco e da tenreira.
Logo fomos camiñando ata a praza de Cervantes onde visitamos a libraría Couceiro e gozamos da explicación de como se elabora un libro.
Pasamos unha mañá fantástica.
Ver Imaxes
Levamos a cabo a primeira sesión con Arenaria dentro do proxecto PROBLEU. Na aula de proxectos, investigamos sobre a auga levando a cabo diversidade de experimentos.
Rematamos o MODO GALEGO, ACTÍVAO! E ...seguimos activados.
O alumnado de 2º conseguiu levar a cabo os retos propostos. Grazas familias por implicarse e colaborar así.
Daquela, agora toca cumplir o acordado: facer unha saída e un agasallo.
4ª PROPOSTA: SIMETRÍA
CONTIDOS:
Observación, manipulación e xogo para identificación de simetría en figuras xeométricas sinxelas, na contorna fisico-natural e compleción de figuras simétricas.
2ª E 3ª PROPOSTA: MAGNITUDE; MASA
CONTIDOS:
Identificación de unidades non convencionais presentes no seu contexto próximo.
Identificación de unidades convencionais, quilogramo e gramo presentes no seu contexto vivencial.
Os equipos cooperativos: responsabilidade individual, repartición equitativa de tarefas, respecto polas contribucións de tódalas persoas membros do equipo.
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- 3
- 4
- »Páxina seguinte
Texto
Os nosos Podcasts
MODO GALEGO. ACTÍVAO!
Aquí atoparás tódalas tarefas que iremos facendo co MODO GALEGO, ACTÍVAO!
As 4R EcoPatrulla
A nosa horta
Aquí iremos poñendo as cousas que fagamos na horta.